top of page

 

 

 

 

 

A Orquestra da Universidade de Santiago de Compostela, no seus inicios Orquestra do Espazo de Cámara nace co obxectivo de impulsar nos xóvenes universitarios e, por extensión na cidadanía de Compostela, un proxecto educativo e cultural onde o eixo fundamental é a música.

Co patrocinio da Vicerreitoría Comunicación, Cultura e servizos, o grupo que conforma a Orquestra da Universidade de Santiago de Compostela, dirixida por Mario Diz, procura de xeito prioritario a formación musical dos seus membros que, semana tras semana, adquiren un maior compromiso co estudo e a difusión dos valores da música. Para esta fin, conta e agradece todo tipo de colaboracións, que vanse amosando de xeito diverso en cada proxecto.

Dende o 2010 a Orquestra da Universidade afondou en proxectos tan ilusionantes como o aniversario de Debussy co concerto de Arpa e Orquestra do mesmo autor, interpretado pola solista Reyes Gómez especialmente convidada para este evento, o Concerto de Violonchelo de Haydn en Re maior, interpretado por Carlos G. Amigo, monográfico sobre Astor Piazzolla, monográfico sobre a música galega onde o solista Gregori Nedobora interpretou o concerto do violinista galego Manuel Quiroga.

Na tempada 2014-15 interpretou xunto ao coro Vigués Gli Apassionati o Magnificat de J.S. Bach e o Gloria de Vivaldi.

En 2015 polo seu quinto aniversario edita e publica un dobre CD conmemorativo titulado “Un Lustro de Historia” onde se reflicten grabacions en directo de diversos concertos realizados nos cinco primeiros anos de andaina desta orquestra e na que participan diferentes afamados solistas que coa sua participación apoian o proxecto.

En colaboración coa Aula de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela realizan unha versión do musical Sweeney Todd de Stephen Sondheim. Participa tamén nas Xornadas de Música Contemporánea de Santiago de Compostela dende o seu inicio xunto a Sinfónica de Galicia, e a Real Filharmonía de Galicia como unha das tres orquestras convidadas.

En novembro de 2018, a Orquestra viaxa e particcipa no II ENCONTRO DE ORQUESTRAS ACADÉMICAS en Coímbra, Portugal, desenvolvendo e partillando escenario coa Orquestra Académica da mesma cidade.

Arestora a OUSC está no proceso da súa segunda publicación discográfica, «Música en Pandemia», un DVD que amosa o traballo realizado durante a tempada 2020-21 que por mor da pandemia realiza actividade dentro dos parámetros sanitarios marcados polo momento, desenvolvendo un proxecto audiovisual con composicións todas elas creadas ao longo da historia da música en periodos de pandemias dende o barroco até os nosos días.

Incorporándose ao proxecto diversos profesores da Orquestra da Cidade, Real Filharmonía de Galicia, asi como profesores relevantes do ámbito musical galego a Orquestra da USC recentemente foi incluída en SINERGIA, rede de Orquestras Universitarias Española, ademáis está incluída dende o 2015 na Rede de Orquestras Universitarias Europeas, ENUO, onde participan orquestras de máis de 28 nacionalidades de toda Europa.

imagotipo
imagotipo
bottom of page