top of page

INTRODUCIÓN
 

A Orquestra da Universidade de  Santiago de Compostela é un proxecto educativo musical da Área de Cultura e da Vicerreitoría de Estudantes e Cultura no que poden participar aquelas persoas que teñan coñecementos dun instrumento orquestral.

 

Os instrumentistas seleccionados poderán participar no grupo residente que ensaiará todos os martes lectivos do curso 2024-25 ( agás nos periodos de exames) de 21:30h a 23:30h nna facultade de ciencias da comunicación ademais dos ensaios extraordinarios que poidan programarse. entre os meses de outubro e xuño do curso académico 24-25.
 

Asemade, os participantes no grupo residente terá prioridade en participar no encontro de verán 2025 no mes de xullo/agosto


Esta convocatoria esta dirixida a participar na OUSC nos seguintes instrumentos:
Violín, viola, violonchelo, contrabaixo, frauta, óboe, clarinete, fagot, trompa, trombón, trombón baixo, tuba, percusión, piano, cravo e arpa.


A través desta convocatoria seleccionarase aos membros activos e aos reservas. Os reservas conformarán unha listaxe co fin de cubrir posibles e futuras baixas dentro da OUSC, sendo efectiva ata xuño de 2025. As vacantes parciais están destinadas a cubrir necesidades instrumentais segundo programa, pero non posuirán carácter de activo.
 





QUEN PODE PARTICIPAR?

PARA INSTRUMENTISTAS*

- Todos aqueles membros da Comunidade Universitaria da USC que toquen un instrumento dos mencionados
- Estudantes de música
- Calquera persoa que toque un instrumento

*A admisión quedará supeditada á superación da audición prevista para tal efecto, terán preferencia os membros universitarios.



COMO PODO PARTICIPAR?

Para participar no proxecto orquestral no curso 2024-25 realizarase unha selección entre as persoas aspirantes a través do envío dun vídeo por calquera canle tipo WeTransfer, YouTube, Dropbox, etc. ao enderezo electrónico orquestra.universidade@usc.es indicando o nome e apelidos da persoa solicitante.

Estas  audicións están destinadas a coñecer, seleccionar e valorar a participación dos aspirantes dentro dos programas que a OUSC realizará entre setembro e xullo do curso 2024-25, así como programas asociados que poidan xurdir.



PERMANENCIA.  ISTO É PARA SEMPRE?
Os participantes poderán participar un máximo de 2 cursos: para aqueles estudantes da USC os creditos que se retribúen pola participación serán de libre elección ou optativas ECTS,  estes créditos se repartirán do seguinte xeito: o primeiro curso completado con 4 créditos e o segundo con 2, poderáse prorrogar a pertenza ao proxecto en seguintes convocatorias a criterio da Organización da OUSC e sen retribución de créditos.


QUE TEÑO QUE ENVIAR NO VIDEO?

- Interpretar 2 obras ou movementos de libre elección (non ten que ser con acompañamento)

- Para percusión Interpretaráse a menos tres obras a escoller entre todas as que figuran no seguinte PDF

 


ATA CANDO PODOO ENVIAR?

- A data límite de envío de vídeos será o 22 de setembro de 2024, ata as 23:59 horas.

- A comisión seleccionadora, que contará coa participación do director da orquestra e dos profesores colaboradores da OUSC, visualizará os vídeos a seguinte semana e publicaranse de seguido os resultados.

- Os ensaios darán comezo a partires da primeira semana de outubro de 2024 baixo as indicacións da organización que serán convenientemente informadas con anterioridade.

Prazas Vacantes:

 

 

 

 

 

 



*Prazas parciais que se cubrirán segundo necesidades de programa


E ADEMÁIS….
Requisitos dos instrumentistas de corda:

Afinar o instrumento
Cambiar de posición
Tocar con spicatto

Requisitos dos instrumentistas de vento:

Boa afinación na interpretación
Coñecer as diferentes articulacións básicas: (Legato, picado, dobre picado, etc.)
Tocar na amplitude da tesitura do instrumento.

Percusión:

Tocar tres pasaxes previamente escollidas.



COMO ME INSCRIBO PARA FACER AS AUDICIÓNS?
No caso dos instrumentistas:

1.Cubro o formulario de solicitude antes do 22 de setembro de 2024 ás 23:59h
2. Envío o video a orquestra.universidade@usc.es antes do 22 de setembro de 2024 ás 23:59h



E CANDO SABEREI SE ESTOU ADMITIDO?
A Orquestra do Espazo de Cámara reservase o criterio e decisión final dos admitidos e anunciará aos mesmos nunha listaxe públicada na páxina web da USC acompañada dunha confirmación vía mail durante o tempo seguinte á realización das probas.

Boa Sorte e animádevos a facer música xuntos!


"Sen música a vida sería un erro."
Friedrich Nietzsche (1844-1900) Filosofo alemán.

Tocas un instrumento?, inscríbete!,

Violín: 17

Viola: 5

Violonchelo: 6

Contrabaixo: 3

Frauta:  (2 reserva)

Óboe: 1 (+2 reserva)

Clarinete:  1 ( +2 reservaS)

Fagote: 2 (+1 reservas)

Trompa: 1 (+2 reservas)

Trompeta:  1 (+2 reservas)

Trombón: 2 (+2 reservas)

Percusión: 1 (+1 reservas)

*Tuba: 1

*Harpa: 1

*PIano: 1

*Cravo: 1

bottom of page