Queres cantar nun coro?, inscríbete!,
O Coro da Universidade de Santiago de Compostela é un proxecto educativo musical da Área de Cultura da Vicerreitoría de Estudantes e Cultura no que poden participar aquelas persoas que teñan interese en formarse no eido do canto coral. As persoas seleccionadas poderán participar no grupo residente que ensaiará todos os martes lectivos do curso 2023-24 (agás nos períodos de exames) de 19:00h a 20:45h na facultde de ciencias da comunicación, ademais dos ensaios extraordinarios que poidan programarse. Para obter máis información sobre as modalidades de participación mira a seguinte ligazón: https://orquestrausc.wixsite.com/ousc/inscribete-coro-usc
A través desta convocatoria seleccionaranse as peroas activas e as reservas. As persoas reservas conformarán unha listaxe co fin de cubrir posibles e futuras baixas dentro do Coro Universitario, sendo efectiva ata xuño de 2024.
QUEN PODE PARTICIPAR?
-
Comunidade Universitaria da USC (estudantado, profesorado e PAS)
-
Integrantes doutros coros e agrupacións vocais
-
Estudantes de conservatorios e instrumentistas de todo tipo e estilo
-
Cantantes de calquera estilo musical: tradicional, jazz, pop, teatro musical, etc
-
Actores, docentes e profesionais da voz
-
Cantantes de formación lírica
-
Afeccionados á música e amantes do canto en xeral
*A admisión quedará supeditada á superación da audición prevista para tal efecto, tendo preferencia as persoas da Comunidade Universitaria da USC.
COMO PODO PARTICIPAR?
Para participar no Coro da USC realizaráse unha proba presencial o martes 24 de setembro ás 19h na Facultade de Ciencias da Comunicación onde deberán realizar unha breve interpretación a libre elección de repertorio a capella ou sen acompañamento aportado pola OCUSC (cada candidato pode dispór dos recursos propios que precise ou crea cumbinte para este fin), asi mesmo terán que participar nun pequeno exercicio vocal coa finalidade de coñecer mellor o rexistro vocal. A persoa solicitante previamente deberán inscribirse a través do documento de inscrición antes do 22 de setembro de 2024 ata as 23:59h.
PERMANENCIA. ISTO É PARA SEMPRE?
Poderase participar no CUSC un máximo de 2 cursos. Para os estudantes de Grao da USC, os créditos ECTS que se retribúen pola participación repartiranse do seguinte xeito: polo primeiro curso completado recibirán 4 créditos e polo segundo recibirán 2. Poderase prorrogar a pertenza ao proxecto en seguintes convocatorias, a criterio da organización da OCUSC pero sen retribución de créditos.
Nos seguintes anos se non se cubren completamente todas as prazas os candidatos poden permanecer cunha preferencia de antigüidade para os integrantes que menos estancia cumpriron.
Estas audicións están destinadas a coñecer, seleccionar e valorar a participación dos aspirantes dentro dos programas que a OCUSC realizará entre outubro e xullo do curso 2024-25, así como programas asociados que poidan xurdir.
QUE TEÑO QUE FACER NA PROBA?
- Interpretar un fragmento a libre elección a capella o no seu caso con acompañamento aportado polo candidato/a se así o dispón mediante grabación (play along) ou acompañador.
- Realizar un breve exercicio de tonalización realizado no momento da audición sen previa preparación.
ATA CANDO ME PODO PRESENTAR?
- A data límite para cubrir o formulario e envío será o 22 de setembro de 2024, ata as 23:59 horas
- Os ensaios darán comezo a partires da primeira semana de outubro de 2024 baixo as indicacións da organización que serán convenientemente informadas con anterioridade.
Prazas vacantes no curso 2024-25:
Sopranos: 10
Contraltos: 10
Tenores: 10
Baixos: 10
E ADEMAIS….
Requisitos dos coristas:
Demostrar un oído musical acorde co nivel exixido
Mostrar capacidade rítmica suficiente
COMO ME INSCRIBO PARA FACER AS AUDICIÓNS?
1. Cubro o formulario de solicitude.
2. Preséntome na Facultade de Ciencias da Comunicación o 24 de setembro de 2024 ás 19h
E CANDO SABEREI SE ESTOU ADMITIDO?
A OCUSC reservase o criterio e decisión final dos admitidos e anunciará o resultado nunha listaxe que se publicará na páxina web da USC acompañada dunha confirmación vía correo electrónico durante o tempo seguinte á realización das probas.
Boa Sorte e animádevos a facer música xuntos!
"Sen música a vida sería un erro."
Friedrich Nietzsche (1844-1900) Filósofo alemán.